José Mª Ezequiel Ferrer presenta en Abades (Silleda) o libro “Historia do culto aos santos en San Caetano de Bazar”

O Santuario de Nosa Señora dos Desamparados (na parroquia de Abades, SILLEDA) acolle o sábado 9 de abril, ás 16.00 h, a presentación do libro “Historia do culto aos santos en San Caetano de Bazar” publicado por Edicións Fervenza, e da autoría de José Mª Ezequiel Ferrer. Leer máis…

Xosé Alfredo Naz Fernández recibe o premio como gañador do VI Concurso Balbino de Relatos

A obra gañadora do VI Concurso Balbino de Relatos, Gumes entre a néboa, publicada por Edicións Fervenza, foi presentada esta fin de semana nun acto no que tamén se procedeu á entrega do premio ao gañador desta edición, Xosé Alfredo Naz Fernández, e que tivo como escenario o Museo do Mar de Vigo, na cidade natal do autor, e que contou co acompañamento musical de Mr. D. de “Moon Cresta”. Leer máis…

Fernando Castro presentou en Corcubión o libro de teatro Pallaso

A Capela do Pilar, en Corcubión acolleu a presentación do libro de teatro Pallaso, obra gañadora do Premio de Teatro Varela Buxán, publicado por Edicións Fervenza, e da autoría de Fernando Castro. No acto, os asistentes gozaron da lectura dramatizada dunha das escenas da obra por parte das actrices Elisa Lema, Andrea Rodríguez e Lucía Senra, de Farándula Velutina. Leer máis…

Pedro Sancho presentou en Vigo o libro Mamasunción. Como facer unha película a través da mirada de Chano Piñeiro

Pedro Sancho presentou en Vigo o libro "Mamasunción. Como facer unha película a través da mirada de Chano Piñeiro" Leer máis…
Vendo da 28 a 32 de 57 (8 Páxinas)