Juanjo Lamelas, coa obra O meigallo dos soños, convértese no gañador da novena edición do Concurso Balbino de Relatos

“Variedade temática e axeitada inserción de tramas nas que o detectivesco e o histórico se dan a man cos relatos de natureza máis telúrica”, así describiu o xurado do IX Concurso Balbino de Relatos a obra O meigallo dos soños, da autoría de Juan José Lamelas Caneiro e natural do Concello de Ourense, que se alzou como gañadora desta novena edición. Leer máis…

Lalín acolle a presentación do libro infantil “O tesouro do Castro da Veiga”

O Museo Ramón María Aller de Lalín, acolle este xoves 12 de setembro, ás 20:30 h, a presentación do libro infantil O tesouro do Castro da Veiga, publicado por Edicións Fervenza, e do que Xoán Carlos García Porral é autor do texto, Santiago Gómez Fuentes foi o encargado da realización do xogo que se pode atopar neste libro e ao que se accede a través de internet e Gabriel Iglesias Sanmartín foi o encargado de darlle vida a través das ilustracións. Leer máis…