Xacobe Medina Dacasa presenta en Pontevedra o libro “Breve historia da normativización do galego”

O Museo de Pontevedra, acolle este venres 1 de marzo, ás 19:30 h., a presentación do libro Breve historia da normativización do galego (A verdade tras o Decreto Filgueira), da autoría de Xacobe Medina Dacasa e publicado por Edicións Fervenza. Leer máis…

Presentación e recital multilingüe do libro “A Cabeleira (Poema en 70 idiomas)” en Lugo

A Casa do Saber (entre a Muralla e a Catedral de Lugo) acolle este xoves 21 de decembro, ás 19:00 h, a presentación do libro A Cabeleira (Poema en 70 idiomas), publicado por Edicións Fervenza, e da autoría de Claudio Rodríguez Fer. Leer máis…

O libro infantil “Rigel e os segredos do tambor”, de Loliña Chamadoira, preséntase en Vigo

A Biblioteca Municipal da Escola de Artes e Oficios de Vigo (EMAO),acolle este xoves 14 de decembro, ás 18:30 h, a presentación do libro Rigel e os segredos do tambor, publicado por Edicións Fervenza, e da autoría de Loliña Chamadoira. No acto, a autora estará acompañada polo profesor, escritor e académico Xesús Alonso Montero; o fotógrafo e cineasta Borja Brun; e o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García. Leer máis…

Entrega do VIII premio do Concurso Balbino de Relatos a Clara Martín e presentación da obra gañadora

O Liceo de Ourense acolle o martes 28 de novembro, ás 20:00 h, a entrega do premio do Concurso Balbino de Relatos á gañadora desta oitava edición, a Cristalina López Rodríguez “Clara Martín”, nun acto no que tamén será presentada a obra premiada, o libro Loucine. Leer máis…
Vendo da 1 a 4 de 53 (1 Páxinas)