Farándula Velutina representa “Animais de compañía” en Corcubión

O Centro Recreativo e Cultural de Corcubión (Casino) acolle este venres 10 de maio, ás 20:00 h, a representación de Animais de compañía, obra dirixida polo propio autor, Fernando Castro Paredes, no mesmo acto tamén se presentará o libro da citada obra publicado por Edicións Fervenza. Leer máis…

Contacontos infantil na Bandeira con “A lagoa máis fermosa de tódalas lagoas”

O Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira acolle o venres 26 de abril, ás 20:00 h, unha sesión de contacontos infantil da man da actriz galega Antela Cid e o seu primeiro libro, A lagoa máis fermosa de tódalas lagoas, publicado por Edicións Fervenza,e ilustrado por Anabel Montouto. Leer máis…

Ana Cela presenta na Estrada o seu primeiro libro “Mamá, sorrí sempre”

O MOME da Estrada acolle este venres 12 de abril, ás 20:00 h., a presentación do libro Mamá, sorrí sempre, da autoría da xornalista Ana Cela e publicado por Edicións Fervenza. No acto, acompañarán á autora o profesor e escritor Xosé Luna, a xornalista Laura Filloy, o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García; e o alcalde do Concello da Estrada, José López. Leer máis…

Xacobe Medina Dacasa presenta en Pontevedra o libro “Breve historia da normativización do galego”

O Museo de Pontevedra, acolle este venres 1 de marzo, ás 19:30 h., a presentación do libro Breve historia da normativización do galego (A verdade tras o Decreto Filgueira), da autoría de Xacobe Medina Dacasa e publicado por Edicións Fervenza. Leer máis…
Vendo da 12 a 16 de 68 (4 Páxinas)