Bunilda e Brunildo

Ánxela Gracián presenta no Concello de Castroverde o Álbum ilustrado a toda cor e en tapa dura, no que os lectores descubrirán a importancia da adaptación, respecto e tolerancia. Leer máis…

Sete amigas en dous coches - Edicións Fervenza

Un grupo de sete mestras organizan unhas vacacións, de cámping en cámping, por España, Francia e Italia en dous coches e dúas tendas de campaña. Ao longo desa viaxe, terán que se enfrontar a situacións imprevistas, algunhas divertidas e outras non tanto. Leer máis…

O dragón Antón e o sapo Rosendo chegan a Lalín para difundir a súa nova aventura polos faros de Galicia

O Edificio sociocultural Manuel Rivero de Lalín (Rúa Manuel Rivero, 1)acolle este venres 14 de febreiro, ás 20:00 h, un acto singular que combinará cine, literatura e música para o desfrute de toda a familia. Leer máis…

Claudia Castro presenta en Vigo o libro infantil “A fraga das avoas invisíbeis”

A Libraría Librouro, en Vigo (R/Eduardo Iglesias, 12),acolle este venres 17 de xaneiro, ás 19:30 h, a presentación do libro infantil A fraga das avoas invisíbeis, publicado por Edicións Fervenza, e da autoría de Claudia Castro e ilustrado por Yolanda López. No acto, autora e ilustradora estarán acompañadas polo escritor Antonio García Teijeiro. Leer máis…
Vendo da 4 a 8 de 75 (2 Páxinas)