Entrega do VIII premio do Concurso Balbino de Relatos a Clara Martín e presentación da obra gañadora

O Liceo de Ourense acolle o martes 28 de novembro, ás 20:00 h, a entrega do premio do Concurso Balbino de Relatos á gañadora desta oitava edición, a Cristalina López Rodríguez “Clara Martín”, nun acto no que tamén será presentada a obra premiada, o libro Loucine. Leer máis…

Cangas acolle a presentación do libro infantil, “Rigel e os segredos do tambor”, de Loliña Chamadoira

O Salón de Plenos do Concello de Cangas acolle este xoves 23 de novembro, ás 19:00 h, a presentación do libro Rigel e os segredos do tambor, publicado por Edicións Fervenza, e da autoría de Loliña Chamadoira. No acto, aberto ao público ata completar aforo, acompañarán á autora o filólogo Heitor Mera, o mestre de música e cantautor Tino Baz, o fotógrafo e cineasta Borja Brun e a concelleira de Cultura do Concello de Cangas, Aurora Prieto. Leer máis…