Xa está aberta a convocatoria para a 5ª edición do Concurso Balbino de relatos

Xa está aberta a convocatoria para o 5º Concurso “Balbino” de Relatos, que leva o nome do protagonista da obra máis internacional da literatura galega Memorias dun neno labrego, do célebre escritor Xosé Neira Vilas. Leer máis…

O teatro de Pintor sae a escea en Agolada

A Casa Museo dos Pendellos de Agolada acolleu a presentación do libro “Teatro de Pintor” publicado por Edicións Fervenza, e da autoría de Xosé Vázquez Pintor. Trátase dun libro recompilatorio que reúne dez obras teatrais, algunhas inéditas, deste gran dramaturgo. Leer máis…

Xoán Carlos García Porral analiza a matanza do porco en Lalín

Lalín tivo unha xornada festiva coa presentación do libro "A matanza do porco. Cultura e tradición" da autoría de Xoán Carlos García Porral. Máis alá dun pormenorizado estudo sobre o proceso da mata do porco, é un exercicio de memoria antropolóxica de costumes, rituais e traballos que esmorecen ou que en moitos casos xa só perduran na lembranza. Leer máis…

Os nomes do vento voan na Estrada

"Os nomes do vento" de Juan Andrés Fernández Castro, presentouse no concello da Estrada, nun acto no que o autor do libro, estivo acompañado do profesor, investigador e crítico literario, Armando Requeixo, do xerente da constructora e inmobiliaria Bamarti, Fernando Martínez, do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García e do alcalde da Estrada, José López. Leer máis…