Xosé Alfredo Naz Fernández recibe o premio como gañador do VI Concurso Balbino de Relatos

A obra gañadora do VI Concurso Balbino de Relatos, Gumes entre a néboa, publicada por Edicións Fervenza, foi presentada esta fin de semana nun acto no que tamén se procedeu á entrega do premio ao gañador desta edición, Xosé Alfredo Naz Fernández, e que tivo como escenario o Museo do Mar de Vigo, na cidade natal do autor, e que contou co acompañamento musical de Mr. D. de “Moon Cresta”. Leer máis…

Fernando Castro presentou en Corcubión o libro de teatro Pallaso

A Capela do Pilar, en Corcubión acolleu a presentación do libro de teatro Pallaso, obra gañadora do Premio de Teatro Varela Buxán, publicado por Edicións Fervenza, e da autoría de Fernando Castro. No acto, os asistentes gozaron da lectura dramatizada dunha das escenas da obra por parte das actrices Elisa Lema, Andrea Rodríguez e Lucía Senra, de Farándula Velutina. Leer máis…

Pedro Sancho presentou en Vigo o libro Mamasunción. Como facer unha película a través da mirada de Chano Piñeiro

Pedro Sancho presentou en Vigo o libro "Mamasunción. Como facer unha película a través da mirada de Chano Piñeiro" Leer máis…

Gran acollida de público na presentación do libro “Urbanismo e patrimonio na vila de Baiona”

O Hotel Bahía de Baiona acolleu o sábado 9 de outubro, a presentación do libro Urbanismo e patrimonio na vila de Baiona. Delimitación do seu conxunto histórico publicado por Edicións Fervenza, e da autoría de María Paz Sáez Pérez e Ana Simóns Sánchez. Leer máis…
Vendo da 40 a 44 de 68 (11 Páxinas)