O libro “Recortes de risa” preséntase na Estrada con representación teatral

O Teatro Principal da Estrada, acolle o venres 15 de setembro, ás 20.30 h, a presentación do libro Recortes de risa, publicado por Edicións Fervenza, e da autoría de José Luis Graña Muíño, nun acto presentado polo profesor e escritor Carlos Loureiro e no que tamén se contará cunha representación por parte do grupo de ates escénicas Xebrescena de varias obras de teatro incluídas no libro. Leer máis…

Clara Martín, coa obra Loucine, convértese na gañadora da oitava edición do Concurso Balbino de Relatos

“Gran caracterización de personaxes”, así describiu o xurado do VIII Concurso Balbino de Relatos a obra Loucine, da autoría de María Cristalina López Rodríguez coñecida literariamente como Clara Martín e natural do Concello de Verín, que se alzou como gañadora desta oitava edición. Leer máis…

Serafín Parcero presenta en Cangas o libro de teatro “A mentireira historia da Carapucha verdadeira”

O Auditorio Municipal de Cangas acolle este venres 12 de maio, ás 20.00 h, a presentación do libro de teatro infantil A mentireira historia da Carapucha verdadeira, publicado por Edicións Fervenza, e da autoría de Serafín Parcero. Leer máis…

Xosé Luna presenta na Bandeira o poemario “O tempo entre as mans”, gañador do Premio Avelina Valladares Núñez de Poesía

O Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira, acolle este venres 5 de maio, ás 20.30 h, a presentación do poemario “O tempo entre as mans”, da autoría de Xosé Luna, e que resultou gañador do Premio Avelina Valladares Núñez de Poesía. Leer máis…
Vendo da 12 a 16 de 55 (4 Páxinas)