Presentacións

Lalín acolle a presentación do libro infantil “O tesouro do Castro da Veiga”

O Museo Ramón María Aller de Lalín, acolle este xoves 12 de setembro, ás 20:30 h, a presentación do libro infantil O tesouro do Castro da Veiga, publicado por Edicións Fervenza, e do que Xoán Carlos García Porral é autor do texto, Santiago Gómez Fuentes foi o encargado da realización do xogo que se pode atopar neste libro e ao que se accede a través de internet e Gabriel Iglesias Sanmartín foi o encargado de darlle vida a través das ilustracións. Leer máis…

Ana Cela presenta en Lalín o seu primeiro libro “Mamá, sorrí sempre”

O Museo Municipal Ramón María Aller de Lalín acolle este sábado 8 de xuño, ás 12:00 h., a presentación do libro Mamá, sorrí sempre, da autoría da xornalista Ana Cela e publicado por Edicións Fervenza. No acto, acompañarán á autora os xornalistas Alfonso Loño e Laura Filloy. Leer máis…

Farándula Velutina representa “Animais de compañía” en Corcubión

O Centro Recreativo e Cultural de Corcubión (Casino) acolle este venres 10 de maio, ás 20:00 h, a representación de Animais de compañía, obra dirixida polo propio autor, Fernando Castro Paredes, no mesmo acto tamén se presentará o libro da citada obra publicado por Edicións Fervenza. Leer máis…

Contacontos infantil na Bandeira con “A lagoa máis fermosa de tódalas lagoas”

O Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira acolle o venres 26 de abril, ás 20:00 h, unha sesión de contacontos infantil da man da actriz galega Antela Cid e o seu primeiro libro, A lagoa máis fermosa de tódalas lagoas, publicado por Edicións Fervenza,e ilustrado por Anabel Montouto. Leer máis…
Vendo da 1 a 4 de 44 (1 Páxinas)