Sen produtos
Prezos con impostos incluídos
Autores
Autor: Avelino Sierra Fernández
ISBN: 978-84-19840-42-4
Dimensións: 17 x 24 cm.
Nº de páxinas: 216
Esta monografía é un estudo sobre a situación xurídica, social, política, económica, cultural e relixiosa das dezasete parroquias que dende 1628 a 1833 conformaban a real xurisdición de Baiona.
Esta monografía é un estudo sobre a situación xurídica, social, política, económica, cultural e relixiosa das dezasete parroquias que dende 1628 a 1833 conformaban a real xurisdición de Baiona.
As súas páxinas achégannos a situación xeral de subsistencia dos seus moradores na década central do século XVIII, fronte a opulencia e regalía duns poucos fidalgos. Un estudo sobre un tempo ido, de cadeas con grillóns e cepos; dunha abafante succión de tributos forais; de suorentas angueiras nas leiras lináceas e duras xeiras nas vagas do mar; de seituras, escasulas e moendas na procura de grosa boroa, de espadelas e fiadeiros. Tempos, en fin, duros e magoentos, pero dunha cultura de seu, identitaria, herdada dos seus causantes e mellorada ao longo dos séculos.