" />
Sen produtos
Prezos con impostos incluídos
Autores
Ilustradoras/es: Varios
ISBN: 978-84-19840-48-6
Dimensións: 17 x 24 cm.
Nº de páxinas: 72
Este fermoso libro conta coa colaboración de preto de vinte ilustradoras e ilustradores que aportan moito colorido e unha visión distinta a cada poema. A natureza e os animais están moi presentes, así aparecen o carballo, o croar dunha ra, a casa dos mexillóns, froitas variadas, o polbo...
Este fermoso libro conta coa colaboración de preto de vinte ilustradoras e ilustradores que aportan moito colorido e unha visión distinta a cada poema.
O amor e preocupación polas crianzas amosado no seu anterior libro Zapatos Máxicos volve reflectirse neste poemario, A miña gata Piu. Os poemas que o compoñen están envoltos en evocacións, tenrura e humor. Fernando vai creando un universo poético que contén obxectos, animais e actos cotiás. A natureza está ben presente, pero tamén os elementos afectivos que cada persoa posúe. Podemos atopar algún carballo, o croar dunha ra, a casa dos mexillóns, froitas variadas ou un polbo xunto a elementos do día a día, coma os semáforos, o médico, a escola, o canto do tren, unhas folerpas (Paseniño van caendo / anacos brancos do ceo…), os dedos da man ou como quenta o lume entre outros.