Sen produtos
Prezos con impostos incluídos
Autores
Autor: Carlos Neira Suárez
Dimensións: 15.3 x 22 cm.
ISBN: 978-84-18136-87-0
Nº de páxinas: 112
Obra gañadora do VII Concurso Balbino de Relatos.
Obra gañadora do VII Concurso Balbino de Relatos
Arquitecturizada con indubidable solvencia narrativa, “A comuna de Valdonelle” destaca polo interesante perfilado dos seus personaxes e a eficiente progresión dunha trama que leva con forza da man ao lector ata a derradeira páxina. Unha novela que convida á reflexión sobre o neorrural, cada vez máis habitado por urbanitas de orixe, que procuran nel novos espazos e xeitos de vida.
Cal “neohippies”, os heroes de Carlos Neira artellan unha comuna rural, pretexto para unha historia realista con aires ata certo punto neocostumistas, peneirados polo socialrealismo, ao Neira Vilas, se se quere, e mesmo coa presenza axeitada de “balbino” como adxectivo. Ese costumismo posúe, igualmente, un aquel de folletín, con fillos “bravos” que bolen, directa ou indirectamente, nese mundo case señorial e práctico, enfrontado ao que predican os “comuneiros” dunha utopía.
Unha lectura na que se reflicte o complexo mundo das relacións interpersoais a través dunha ficción baseada na construción dunha sorte de comuna societaria no rural, con todas as tensións que isto desata e o que de experimento social espella.