Sen produtos
Prezos con impostos incluídos
Autores
Autor: Juanjo Lamelas
Ilustrador: Fernando Martínez
Dimensións: 16 x 23 cm.
ISBN: 978-84-19840-36-3
Nº de páxinas: 156
Obra gañadora do IX Concurso Balbino de Relatos.
Obra gañadora do IX Concurso Balbino de Relatos
Destaca pola súa variedade temática e a axeitada inserción de tramas nas que o detectivesco e o histórico se dan a man cos relatos de natureza máis telúrica, onde o mundo dos nosos labregos e mariñeiros adquire carácter protagónico.Dela, o xurado tamén destacou a súa solvencia nos diálogos e descricións, “a través das diferentes narracións que se nos propoñen componse un amplo mosaico de personaxes que, de seguro, atrapará o interese do lectorado".
Tal e como describe o propio Juanjo Lamelas, “un trasno argallou este libro de relatos onde se mesturan historias de labregos e mariñeiros, de emigrantes, de afiadores e músicos, de mulleres de inusitada forza. Existencias cheas de valentía, de risco e de esperanza. Tamén atoparás seres que viven nos soños e nas lendas, meigas, mouras, aveloíñas, maruxaiñas..., que marcan os destinos dos vivos”.