Autores

Información

Contos para Elliot View larger

Contos para Elliot

Autor: Juan Andrés Fernández Castro 
Ilustrador: Gabriel Iglesias Sanmartín
Dimensións: 16.5 x 23.5 cm. 
ISBN: 978-84-18136-94-8
Nº de páxinas: 76

Contos para Elliot é un libro infantil, con ilustracións a toda cor, composto por 30 pequenos contos nos que a imaxinación toma forma a través da mirada dun neno chamado Guimar na súa aventura descubrindo todo o que o arrodea.

More details

15,00 € impostos incl.

    Contos para Elliot é un libro infantil, con ilustracións a toda cor, composto por 30 pequenos contos nos que a imaxinación toma forma a través da mirada dun neno chamado Guimar na súa aventura descubrindo todo o que o arrodea. Trátase dunha obra dedicada a Elliot, o neto do propio autor e como, a través da súa mirada descobre un mundo de fantasía na realidade que o arrodea á par que crea un vínculo especial de complicidade co seu avó. Zapatos que comen calcetíns, papaventos que leva o vento, lapis máxicos... todo un mundo novo con elementos comúns para os maiores pero que da man do pequeno Guimar toman formas sobrenaturais que converten cada día en toda unha aventura.

    Cabe destacar que os cinco primeiros contos preséntanse en maiúscula para favorecer a lectura dos máis pequenos que se están iniciando na aprendizaxe da lectoescritura. Tamén hai que sinalar que cada relato ten unha extensión de non máis de 300 palabras e son aventuras completamente independentes que os converten en idóneos pola súa brevidade para a súa lectura antes de durmir.

    Outro dos elementos que converten este Contos para Elliot nunha boa proposta literaria para os minutos previos ó sono dos cativos é que cada relato se acompaña de atractivas ilustracións a cor, da autoría de Gabriel Iglesias Sanmartín, que identifican claramente a aventura narrada e favorecen a comprensión do público infantil.

30 produtos máis na mesma categoría