Sen produtos
Prezos con impostos incluídos
Autores
Autora: Ánxela Gracián
Ilustradora: Jessica Mera
Dimensións: 22 x 22 cm.
ISBN: 978-84-19840-27-1
Nº de páxinas: 38
Álbum ilustrado a toda cor e en tapa dura, no que os lectores descubrirán a importancia da adaptación, respecto e tolerancia.
Conto infantil no que a ra Brunilda ten que abandonar o seu fogar coa súa nai porque a súa charca secou no verán. A pequena protagonista terá que enfrontarse ao sentimento de perda dos seus compañeiros e adaptarse a un novo entorno. Unha soidade compartida por Brunildo, un novo amigo co que establece amizade sen sequera verse, pois sepáraos un muro, pero comparten moitas inquedanzas e ambos botan de menos o seu fogar e os seus amigos... os mesmos sentimentos e as mesmas paixóns fan que decidan quedar para verse en persoa e descubrir que en realidade son unha ra e un grilo... tan diferentes por fóra pero tan semellantes no seu interior.
Unha historia para que os cativos comprendan a importancia da adaptación, respecto e tolerancia.