Autores

Información

Últimos poemas de eloxios e outros poemas View larger

Últimos poemas de eloxios e outros poemas

Autor: Xoán Xosé Fernández Abella 
Ilustradora: María Guerrero
Dimensións: 17 x 24 cm. 
ISBN: 978-84-19840-03-5
Nº de páxinas: 120

Último poemario de Xoán Xosé Fernández Abella, con versos marcados polo louvanza ás letras de escritores admirados e escritores amigos, á galeguidade e ao cristianismo máis moderno e solidario.

More details

15,00 € impostos incl.

    Últimos poemas de eloxios e outros poemas é o último poemario da autoría de Xoán Xosé Fernández Abella, quen lamentablemente faleceu antes da presentación da obra. Si cabe sinalar que este compendio de poemas son unha clara mostra do seu legado na escrita, con versos marcados pola louvanza e eloxios que Abella quixo deixar patentes neste libro a distintas persoas que el admiraba ou que foron parte importante na súa vida e tamén un recoñecemento a outras persoas destacadas da literatura, a música e outras artes que neste poemario se ven reflectidos.

    Estes últimos escritos de Xoán Xosé Fernández Abella son un claro exemplo de galeguidade, compromiso coa cultura, admiración polas persoas e voz da igualdade .

    Un volume que se acompaña das ilustracións de María Guerrero que, coa súa sutileza, combinan á perfección con este compendio de poemas cheos de gabanzas. Un tándem perfecto como despedida dun gran poeta e escritor.

    No limiar do libro do profesor e escritor Xesús Alonso Montero podemos ler:

    “O autor deste libro naceu, en Monforte de Lemos, o 11 de setembro de 1933; cumprirá axiña noventa anos e parece que quere despedirse do público lector con Últimos poemas de eloxios e outros poemas. Non será así, pero, se fose así, o escritor despedirase cun libro nobre e conmovente gobernado, en cada páxina, pola bondade e a poesía”.

    Lamentablemente unha despedida, pero como o ilustre académico sinala, despedida cun libro nobre e gobernado pola bondade e a  poesía.

30 produtos máis na mesma categoría