Autores

Información

O dragón Antón e o sapo Rosendo viaxan ata os faros View larger

O dragón Antón e o sapo Rosendo viaxan ata os faros

Autora: Rosalía Morlán
Ilustrador: Gabriel Iglesias Sanmartín
ISBN: 978-84-19840-35-6
Dimensións: 24 x 22 cm.
Nº de páxinas: 64

Conto infantil no que o dragón Antón e o sapo Rosendo deciden saír do seu fogar, o Castelo de Rocha Forte, e embarcarse nunha nova aventura que nesta ocasión os levará a descubrir os faros de Galicia.

More details

17,00 € impostos incl.

    “O dragón Antón e o sapo Rosendo viaxan ata os faros”, é a nova aventura creada por Rosalía Morlán na que os pequenos lectores, acompañarán a estes simpáticos dragón e sapo no seu percorrido coñecendo a costa galega e os seus faros.

    Trátase dun libro en tapa dura, ilustrado a toda cor por Gabriel Iglesias Sanmartín, que segue a estela da súa primeira andaina, recollida no anterior libro “O dragón Antón e o sapo Rosendo”.

    Non obstante, nesta ocasión os seus protagonistas, o dragón Antón e o sapo Rosendo deciden saír do seu fogar, o Castelo de Rocha Forte, e embarcarse nunha nova aventura que os levará a descubrir os faros de Galicia e a súa importancia.

    Unha historia rimada para aprender máis sobre a costa galega e os seus lugares máis máxicos na compaña de Antón, Ronsendo, e todos os amigos que coñecerán nesta nova aventura.

30 produtos máis na mesma categoría