Sen produtos
Prezos con impostos incluídos
Autores
Autor: Xosé Manuel Lobato
Ilustrador: Ramiro Cimadevila
Dimensións: 17 x 24 cm.
ISBN: 978-84-19840-51-6
Nº de páxinas: 64
Casiopea... Luz do Norte, poemario de Xosé Manuel Lobato con debuxos de Ramiro Cimadevila. Diferenciado en cinco partes: alborada á Terra, rechouchío Natura, percorrendo a verea, na irmandade, despois do solpor.
Ramiro Cimadevila e Xosé Manuel Lobato, ambos con referencia natalicia nas ribeiras opostas do río Ulla. Dende moi tenra idade ollaron con asiduidade a ese gran símbolo da contorna, un agasallo natural con encantamento que expande nun amplo halo feiticeiro. O Pico Sacro, o místico e acolledor vixía destas terras da Ulla.
Cimadevila e Lobato, fomentaron a súa amizade nese remuíño envolvente que é a cultura en xeral, nas súas diferentes expresións artísticas. Tamén no seu amor á natureza e, no convencemento de que a cultura é patrimonio que debe chegar a calquera persoa.
A pintura de Ramiro voa alto, expándese sen fronteiras, varias exposicións en diferentes lugares, así como a súa técnica, son os piares fundamentais para que este pintor afincado na Estrada, posúa na actualidade un recoñecido e merecido prestixio.
Tamén na súa traxectoria encontramos varios libros ilustrados e diferentes traballos pictóricos en diversos campos. Neste Luz do norte, amosa o seu bo facer con fermosas ilustracións, así como a portada do libro.
A escrita inconfundible de Lobato, amosa aquí unha vez máis o seu peculiar estilo, nesta ocasión cun feixe de textos unidos pola luz de Casiopea, a brillante constelación de cinco estrelas, que neste caso forma ese quinteto luminoso denominado; alborada á Terra, rechouchío Natura, percorrendo a verea, na irmandade, despois do solpor.