Sen produtos
Prezos con impostos incluídos
Autores
Autor: Manoele de Felisa
Ilustrador: Martiño Picallo
ISBN: 978-84-18136-15-3
Dimensións: 22 x 24 cm.
Nº de páxinas: 72
Libro CD de 18 cancións con poemas de diversos escritores galegos.
18 cancións con poemas de diversos escritores galegos: Fina Casalderrei, Xosé Luna, Armando Requeixo, Rosalía Morlán, Marica Campo, Henrique Neira, Víctor Freixanes, Marcelino Agís, Suso Martínez, José de la Riera, Ánxela Gracián, Baia Fernández, Charo Golmar, Regina Touceda, Alexandre Nerius, Xosé Manuel Lobato e Elisabeth Oliveira.
Conta co limiar do profesor e escritor, Xesús Alonso Montero e con epílogo de Roberto Blanco Torres.
Deseño do libro e ilustracións de Martiño Picallo.
Con fe ou sen ela, cómpre neste ano, viaxar polo Camiño, viaxamos como peregrinos: preguntando, reflexionando, vivindo, cuestionando… E se temos quen nos guíe, mel nas filloas. Este disco é unha boa guía poética; fermosos versos do cancioneiro oral, cantos antolóxicos como o Romance de don Gaiferos, un excelente poema de Salvador García-Bodaño, un axeitado rifacimento dun texto da estradesa Avelina Valladares, unha lenda que impresionou no seu día, a Castelao, un fermosísimo poema medieval.
Alí estaremos para que nos leve, coa súa voz e o seu xeito, por Cuntis, polo monte Viso, polo Cebreiro, por Fisterra…, os lugares por el escolleitos para que nos asomemos á realidade e á poesía do Camiño.