Sen produtos
Prezos con impostos incluídos
Autores
Autores: Judith Rey Iglesias e Carlos Cabaleiro López
ISBN: 978-84-18136-18-4
Dimensións: 16,5 x 23,5 cm.
Nº de páxinas: 136
Libro homenaxe que ten como obxectivo facer un pequeno percorrido biográfico dos profesores xubilados da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela entre os anos 1993 e 2021.
A vida dun músico pasa por distintas etapas. Etapas boas e malas, momentos de felicidade e momentos de tristura; moitas veces condicionados pola profesión e outras moitas polo día a día. A madurez que alcanzamos co paso dos anos é un crecemento interior que transforma as nosas palabras en música. Todo o que somos é todo o que vivimos, por iso a razón deste libro homenaxe que ten como obxectivo facer un pequeno percorrido biográfico, en orde cronolóxica segundo a súa data de nacemento, dos profesores xubilados da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela entre os anos 1993 e 2021. Narrativa das súas vivencias, das súas experiencias, das súas carencias, das súas familias... en definitiva, das súas vidas!