Sen produtos
Prezos con impostos incluídos
Autores
Autor: José Julio Fernández Rodríguez
Ilustrador: José Julio Fernández Rodríguez
Dimensións: 16.5 x 23.5 cm.
ISBN: 978-84-18136-11-5
Nº de páxinas: 60
Agochar a memoria nalgures ofrece un conxunto de reflexións poéticas sobre as dificultades que o século XXI supón para as persoas.
Agochar a memoria nalgures ofrece un conxunto de reflexións poéticas sobre as dificultades que o século XXI supón para as persoas, levadas polo baleiro das redes dixitais, as incertezas do futuro que está preto e a aniquilación de feitos que antes nos acompañaban.
A conclusión non é doada, obríganos a unha loita suplementaria que ás veces non somos quen de artellar. Entón, protexer e agochar a nosa memoria convértese nunha tarefa ardua. A narración descorre de modo lineal e sen apartados formais, no marco de certos sucesos físicos e contornas naturais.
A lingua galega destes versos tamén acubilla algunha frase e expresión noutros idiomas occidentais para amosar un diálogo simbólico nestes tempos imprevisibles e de mudanza.
Para dotar de maior simbolismo e expresión ao poemario, os versos de Agochar a memoria nalgures flutúan entre ilustracións lineais elaboradas polo propio autor, José Julio Fernández.