Autores

Información

Poemas de amor en outono View larger

Poemas de amor en outono

Autor: Toño Núñez
Ilustrador: Miguel Anxo Macía
Dimensións: 13.5 x 21 cm.
ISBN: 978-84-17094-99-7
Nº de páxinas: 186

Poemario intimista acompañado de DVD con varios dos poemas recitados mentres se reproducen imaxes singulares e contextuais dos sentimentos e emocións que embargan ao propio autor. 

More details

18,00 € impostos incl.

    No medio do camiño da súa vida, Toño Núñez entende que debe facer un alto, un suma e segue poético, e reunir neste volume composicións que celebren os gozos que foron e fagan balance das coitas padecidas, que relancen a memoria dos días ledos e mitiguen as sombras do desamparo. Nesta terceira edición, revisada e aumentada, engade novos materiais poéticos no esencial coincidentes coa estética e as temáticas das composicións ás que se suman. Deste xeito, o quinteto adicionado abunda no neotelurismo e na cardiopaisaxe de mostras anteriores e incide na heroica memoria do rural que esfarela, no paradiso da infancia e da adolescencia, na gabanza da estirpe e no compromiso ecopoético e prosocial, sen esquecer a lírica amatoria.

30 produtos máis na mesma categoría