Sen produtos
Prezos con impostos incluídos
Autores
Autora: Xulia Marqués Valea
Dimensións: 17 x 24 cm.
ISBN: 978-84-19840-55-4
Nº de páxinas: 148
Este libro é unha homenaxe ás avoas, ás persoas maiores que tanto traballaron no medio rural con poucos medios e sen apoio.
Coñeceremos a vida de Perfecta, reflexo das nosas avoas que tanto fixeron por nós.
Perfecta Ogaza Fontangordo é unha máis desas mulleres de noso que viven no rural e que forman parte dun grupo de identidade privativo da aldea: as que foron pouco á escola ou menos do que quixeran, as que traballaron duro e arreo, as que non pasarán á historia por telas considerado anónimas e invisibles, as que foron avoas e nais bravas e amorosas, as galegofalantes pero castelán escribidoras, as que viñeron engarzando cada elo da tradición, primeiro como herdeiras e logo como transmisoras.
Perfecta nace e reside no concello lucense da Pontenova ata o final da súa vida. Dotada dunha extraordinaria memoria, atesoura unha regalía de lembranzas das que tiramos proveito arestora para escribir o relato da súa historia de vida e, de paso, o daquelas xentes coas que lle toca compartir traballo e días nas últimas oito décadas.