" />
Sen produtos
Prezos con impostos incluídos
Autores
Autor: Juan Andrés Fernández Castro
Ilustradora: María Meijide
ISBN: 978-84-19840-46-2
Dimensións: 17 x 24 cm.
Nº de páxinas: 316
Historias de dragóns xenerosos e lagartos observadores, utopías onde a felicidade existe, ermitáns que a todo renuncian, relembranzas da guerra mundial, episodios dos tempos clásicos da nosa emigración, lendas enchoupadas de misterio...
Conxunto de relatos que trasladan ao lector, como se dunha posta en escena se tratase, para dar vida a historias de dragóns xenerosos e lagartos observadores, utopías onde a felicidade existe, ermitáns que a todo renuncian, relembranzas da guerra mundial, episodios dos tempos clásicos da nosa emigración, manuscritos fuxidíos, mundos clásicos recuperados, contos boreais e bretemosos, lendas enchoupadas de misterio, historias bizarras, fermosas, cotiás, ucrónicas, antigas e modernas, posibles ou imposibles... De todo isto, e máis, hai nas páxinas deste Cabo do mundo.