Un catálogo etnográfico para o traxe tradicional do Val do Ulla

Un catálogo etnográfico para o traxe tradicional do Val do Ulla

O Pazo Vista Alegre no Concello de Vedra acolleu a presentación do libro "Cen pezas do traxe do Val do Ulla" da autoría de Francisco Collantes e José Luis Rodríguez. Os autores estiveron acopañados polo secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García e do alcalde de Vedra, Carlos Martínez. Dez anos de investigación e procura de roupa tradicional no Val do Ulla culminan na presentación deste extenso catálogo etnográfico. Máis de cento cincuenta fotografías de pezas de roupa ou detalles das mesmas, conforman un Corpus de roupa tradicional galega de moitísimo valor.