Edicións Fervenza está en Culturgal

Edicións Fervenza está en Culturgal

Do 29 de novembro ao 1 de decembro, Edicións Fervenza participa na Feira das Industrias Culturais "Culturgal". Durante a xornada do sábado 30 presentaremos o libro gañador do IV Concurso "Balbino" de Relatos, "B.S.O. Banda Sonora Orixinal", da autoría de Pablo Nogueira e, pola tarde, o conto infantil "A gotiña viaxeira", de Toño Ñúñez. O domingo 1 presentaremos a novela "En efecto bolboreta", de Ana Pillado; e pola tarde o conto ilustrado "As tres mouras da Fonte Lantana", de Xoán Carlos García Porral. Durante toda a fin de semana, tamén se achegarán varios dos nosos autores a asinar exemplares.