Pablo Nogueira recibe o premio BALBINO

Pablo Nogueira recibe o premio BALBINO

Pablo Nogueira recibe o Premio "Balbino" de Relatos pola súa obra "B.S.O. Banda Sonora Orixinal".
O acto de entrega do premio e presentación do libro tivo lugar no Casino do Carballiño, amigos e familiares arrouparon ao premiado.

Os membros do xurado, Xosé Manuel Lobato, Carlos Loureiro, Rosalía Morlán, así como o autor do prólogo do libro, Alejandro Nogueira, o alcalde de Vila de Cruces, Luis Taboada e o Presidente da Fundación Xosé Neira Vilas, Fernando Redondo, participaron nun acto que tamén contou coa música do grupo Susie Q´s.

Parabéns ao gañador