Xoan Carlos Riobó presentou en Cangas dous libros de teatro, "A viaxe de Burhan" e "Acariñando os desexos". Antón Lamapereira, Julia Abal e Xosé Manuel Pazos acompañaron o autor. O público asistente tamén tivo a oportunidade de disfrutar da representación teatral de varias escenas das obras de teatro, o elenco de actores e actrices estivo formado por, Tomás Soaje, Antía Riobó, Yainza Portela e Laura Carballo.