Presentacións

Xosé Luna presenta na Bandeira o poemario “O tempo entre as mans”, gañador do Premio Avelina Valladares Núñez de Poesía

O Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira, acolle este venres 5 de maio, ás 20.30 h, a presentación do poemario “O tempo entre as mans”, da autoría de Xosé Luna, e que resultou gañador do Premio Avelina Valladares Núñez de Poesía. Leer máis…

Xosé Lois García presenta en Barcelona o libro de teatro “Unha cunca de caldo quente”

O escritor Xosé Lois García presenta en Barcelona a súa última publicación, o libro de teatro “Unha cunca de caldo quente”, publicado por Edicións Fervenza. O acto terá lugar en Barcelona, concretamente no Centro Galego de Barcelona, este sábado 25 de febreiro ás 19.00 h. Leer máis…

Entrega do VII premio do Concurso Balbino de Relatos a Carlos Neira Suárez e presentación da obra gañadora

A Sede Afundación Ferrol acolle este venres 2 de decembro, ás 19.30 h, a entrega do premio do Concurso Balbino de Relatos ao gañador desta edición, ao ferrolán Carlos Neira Suárez, nun acto no que tamén será presentada a obra premiada, o libro A comuna de Valdonelle. Leer máis…

Xosé Lois García presenta en Taboada o libro de teatro “Unha cunca de caldo quente”

A Casa Cuartel Vello de Taboada (Avda. de Lugo, 57)acolle este venres 11 de novembro, ás 20:00 h., a presentación do libro de teatro, “Unha cunca de caldo quente”, publicado por Edicións Fervenza e da autoría de Xosé Lois García. Leer máis…
Vendo da 32 a 36 de 59 (9 Páxinas)