Presentacións

Xosé Lois García presenta en Taboada o libro de teatro “Unha cunca de caldo quente”

A Casa Cuartel Vello de Taboada (Avda. de Lugo, 57)acolle este venres 11 de novembro, ás 20:00 h., a presentación do libro de teatro, “Unha cunca de caldo quente”, publicado por Edicións Fervenza e da autoría de Xosé Lois García. Leer máis…

Clara Martín: “Este libro é un diálogo entre a cor e a forma coa palabra ”

O Liceo de Ourense acolle este venres 7 de outubro, ás 20:00 h, a presentación do libro “Uterus siue uolua”, publicado por Edicións Fervenza con poemas de Xulio Pardo de Neyra e colaxes da ourensana Mª Cristalina López Rodríguez coñecida artisticamente e entre as amizades como "Clara Martín". Leer máis…

Ursula Heinze de Lorenzo presenta en Brión o libro “Flashes”

A Sala Municipal de Exposicións de Brión acolleu a presentación do libro “Flashes”, da autoría de Úrsula Heinze de Lorenzo e publicado por Edicións Fervenza. No acto, a autora estivo acompañada por Luís Alonso Girgado, Víctor F. Freixanes e Dolores Vilavedra. Leer máis…

Os versos de Rosalía Morlán resoaron en Compostela

O Auditorio Abanca de Santiago de Compostela acolleu a presentación do libro ilustrado “Camelias de amor”, da autoría de Rosalía Morlán e publicado por Edicións Fervenza. No acto, a autora estivo acompañada do escritor, investigador e crítico literario, Armando Requeixo; da concelleira de Cultura do Concello de Santiago de Compostela, Mercedes Rosón; do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García; e da ilustradora do libro, Leer máis…
Vendo da 20 a 24 de 44 (6 Páxinas)