O Pazo de Mugartegui (Pontevedra) quedou pequeno para a homenaxe ao escritor Xosé Vázquez Pintor e a presentación do libro "75 apertas de buxo irmandadas para Pintor", publicado por Edicións Fervenza. Ademais do agarimo dos profesores e escritores David Otero Fernandez, Fina Casalderrey e Baldomero Iglesias “Mero” e o alcalde do Concello de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; o homenaxeado recibiu todo o afecto de veciños e compañeiros presentes.