Sen produtos
Prezos con impostos incluídos
Autores
View larger
Autora: Mónica Varela Gestoso
Ilustrador: Gabriel Iglesias Sanmartín
Dimensións: 24x22 cm.
ISBN: 978-84-19840-65-3
Libro ilustrado a toda cor e encadernado en tapa dura.
Achega un mundo de versos que orbitan arredor dos astros, a lúa, o sol e as estrelas e propónnos unha viaxe, á vez interior e exterior, na que sobrevoamos o universo.
Arredor do sol, ilustrado con gran sensibilidade por Gabriel Iglesias Sanmartín, achega un mundo de versos que orbitan arredor dos astros, a lúa, o sol ou as estrelas e propónnos unha viaxe, á vez interior e exterior, na que sobrevoamos o universo, para pousar sen ruído no silencioso esplendor do íntimo. O libro déixase ler por un público variado, que vai máis alá da infancia, que conecta coa corrente galega máis nosa, a do hilozoísmo e do paisaxismo ou a estética da paisaxe, e por iso non deixa de ser un chanzo máis, e ben grande, no minguado corpus de poesía infantil para todas as idades.