Sen produtos
Prezos con impostos incluídos
Autores
Autora: Antela Cid
Ilustradora: Anabel Montouto
Dimensións: 22 x 24 cm.
ISBN: 978-84-19840-22-6
Nº de páxinas: 32
Conto a xeito de rima para inculcar nos máis cativos a importancia da horta, á par que a súa protagonista, Daniela, descubre os coidados das distintas plantas e os seus procesos antes de converterse en alimento...
Daniela e a horta do avó é un conto infantil ilustrado a toda cor, no que os pequenos lectores descubrirán o mundo da horta e o rural. Trátase dun conto a xeito de rima para inculcar nos máis cativos a importancia da horta, á par que a súa protagonista, Daniela, descubre os coidados das distintas plantas e os seus procesos antes de converterse en alimento.
Un conto no que a aldea cobra protagonismo e tamén a figura dos avós, como Pepe, que traslada a súa sabedoría á pequena Daniela. Un xeito de transmitir a tradición e cultura popular mentres xoga coa súa pequena neta.
Cabe sinalar que, ao final do libro, os pequenos poderán comprobar todo o aprendido coa lectura a través de varias actividades didácticas.