Sen produtos
Prezos con impostos incluídos
Autores
Autor: José Villaverde Gómez
ISBN: 978-84-17094-72-0
Dimensións: 16.5 x 23.5 cm.
Nº de páxinas: 124
Obra de relatos nos que se narran as peripecias e vivencias propias de calquera músico no rural de mediados do século XX. Andainas reais e persoais, nas que o que acontece pode facilmente calquera músico galego do rural verse recoñecido nestes historias e nas vicisitudes propias de tempos pasados.
Como tantos músicos galegos que se iniciaron no mundo bandístico a mediados do século XX, José Villaverde coñeceu as vicisitudes propias de tempos pasados. Nestes relatos descubrirás o compañeirismo, a amizade e a paixón pola música que permanecerán para sempre na memoria de cada integrante das bandas de música do noso país. As andainas polas corredoiras, as paradas para tomarlle un respiro, os contos, as comidas, as siestas ou as durmidas nos montes... os momentos de ensinar aos máis pequenos o seu primeiro contacto coa música... experiencias que perdurarán nese maxín individual que o autor nos describe e descubre ao longo dos seus escritos. Sexa pois este un pequeno coñecemento e recoñecemento das “Andainas dos músicos polo rural galego”.