Sen produtos
Prezos con impostos incluídos
Autores
Autor: Mario Franco Rodríguez
ISBN: 978-84-17094-27-0
Dimensións: 16,5 x 23,5 cm.
Nº de páxinas: 264
Obra na que, a través dos distintos relatos se reflicte a nosa terra e as súas xentes dende o principio ata o final.
A presente obra, titulada A Volta e outros relatos é quizais a obra máis xenuinamente galega do autor. Nela reflicte a nosa terra e as súas xentes dende o principio ata o final. Todas as narracións desenrólanse a principios de século vinte e abarcan diversos escenarios e protagonistas. Dende “A Volta” ata “Homes de Mar”, os protagonistas son xente do campo, xente das vilas, xentes do mar, cregos, avogados, médicos, etc. É un mosaico de xentes e escenarios que se mostran ao través de múltiples tramas e situacións, que fan vivir aos personaxes, e transmiten ao lector emocións, recordos e cousas que, aínda que moitos non as vivisen, terán coñecido polos seus antepasados que si as viviron, ou souberon de primeira man, como eran aqueles tempos.