Autores

Información

B.S.O. Banda Sonora Orixinal View larger

B.S.O. Banda Sonora Orixinal

Autor: Pablo Nogueira
Dimensións: 15.3 x 22 cm.
ISBN: 978-84-17094-81-2
Nº de páxinas: 104

Obra gañadora do IV Concurso "Balbino" de Relatos. 

More details

17,00 € impostos incl.

    A música vertebra e estrutura esta obra, por cuxa partitura discorren a modo de notas discordantes unha serie de personaxes cun certo pasado pero cun incerto futuro, sempre tentando encaixar nos espazos e nas liñas xustas do pentagrama.

    Unha estrutura traballada con prosas que se enlazan entre si, dando o final dunhas pé ao comezo doutras de xeito que os distintos capítulos se suceden coma se fosen escenas curtas dunha película, pequenos fragmentos dunha mesma historia pero sempre cosidos polo fío da música, sendo o cine o outro eixo esencial desta obra.
    Unha unión entre a música e o cine nun marco xeográfico particular e nun contexto social moi concreto, que fai ás veces de fonte de inspiración esencial para unha novela marcada pola calidade e eficiencia da súa escrita nunha intelixente integración de abondosas referencias ao mundo musical e cinematográficas.

30 produtos máis na mesma categoría