Autores

Información

O Naranxo no Trasmundo View larger

O Naranxo no Trasmundo

Autora: Inma Vilariño Vázquez
Ilustradora: Amalia López Brea “Luchi”
Dimensións: 16.5 x 23.5 cm. 
ISBN: 978-84-18136-17-7
Nº de páxinas: 176

Relatos que conflúen baixo a historia dun personaxe do Deza, coñecido como “O Naranxo”, un marabilloso tolo, xénero en si mesmo que representaba o extraordinario da excentricidade nunha sociedade tradicional e rural.

More details

15,00 € impostos incl.

    Relatos que conflúen baixo a historia dun personaxe do Deza, coñecido como “O Naranxo”, un marabilloso tolo, xénero en si mesmo que representaba o extraordinario da excentricidade nunha sociedade tradicional e rural onde todo estaba regulado pola monotonía do ciclo dos días, das estacións e das estritas relacións familiares e sociais.

    Os tolos representaban unha liberdade excéntrica: cando se facían maiores e ficaban terriblemente sós, sen familia que os coidara, convertíanse dalgún xeito en familia de todo o mundo.

    O Naranxo tiña trillóns de pesetas, todos os que el quixer. O diñeiro saía do aire, ou da pura imaxinación: se cadra do mesmo lugar de onde veñen, no noso mundo, os cartos. Se o Naranxo vivise hoxe, faría unha performance crítica sobre as trampas da globalización e as burbullas financeiras, cheas de diñeiro etéreo. O Naranxo de Inma emprega —ou quere empregar— as redes sociais, malia morrer hai moitísimas décadas, e exerce de anfitrión dun mundo virtual. Como nas boas historias do país, non hai fronteira entre tempos.

30 produtos máis na mesma categoría