Autores

Información

Os nomes do vento View larger

Os nomes do vento

Autor: Juan Andrés Fernández Castro
Ilustrador: Xosé Vizoso
Dimensións: 16.5 x 23.5 cm.
ISBN: 978-84-17094-89-8
Nº de páxinas: 192

As historias que compoñen este libro apuntan nas máis diversas direccións, tanto temáticas coma estéticas, e son froito dun delongado proceso creativo ao que foron incorporándose sedimentos varios que explican a fasquía heteroxénea que amosan no seu conxunto.

More details

18,00 € impostos incl.

    Quen lea as páxinas deste libro decatarase pronto do fértil territorio ficcional no que habita o seu autor. As historias que o compoñen apuntan nas máis diversas direccións, tanto temáticas coma estéticas, e son froito dun delongado proceso creativo ao que foron incorporándose sedimentos varios que explican a fasquía heteroxénea que amosan no seu conxunto.

    Do que digo son boa mostra a historia de recendos coloniais de “A casa de Catalina Arencibia”, mais tamén os relatos de protagonismo mozo “A estrela fugaz”, “A rula”, “O estanque dos peixes vermellos”, “O monte”, “O peixiño vermello” ou “O río”; a ácida visión do frikismo televisivo de “A lercha”; a refactura mítico literaria de “A serea” ou “Novas tecnoloxías”; a evocación familiar de “A tola”; a historia secular de “A torre”; o relato de terror debuxado en “Abrente”; o onirismo apocalíptico que propón “Anxos da noite”; a latencia do absurdo desesperante que abriga “Auga fósil”; o fantástico aberto ás portas de mundos paralelos que definen “Mamede Salviña” ou “O paraíso perdido”; a heroicidade case sobrehumana desa nai coraxe en “Maternidade 4”; a premonición paranormal de “Melisa”; o esbozo de epopea que traza “O Corpo Santo”; os relatos animistas encerrados en “O vento”, Luz de lúa nova” e “Pés lixeiros” e mesmo o simbólico “Un home” ou ese espello das miserias ás que arrastra a cobiza que é “Voitre voraz”.

30 produtos máis na mesma categoría