" />
Sen produtos
Prezos con impostos incluídos
Autores
Ilustradora: Clara Martín
ISBN: 978-84-19840-49-3
Dimensións: 16,5 x 23,5 cm.
Nº de páxinas: 76
O abrazo das bocas é un atlas. É tamén unha partitura e unha caixa de costura. Unha cartografía de mulleres que provocaron—como decote fixeron e farán outras—unha música e unha pintura de bocas nun espazo, nun sistema, nun planeta literario...
O abrazo das bocas é un atlas. É tamén unha partitura e unha caixa de costura. É, por descontado, unha boca que ten fame de ver a noite e o río. Unha cartografía de mulleres que provocaron—como decote fixeron e farán outras—unha música e unha pintura de bocas nun espazo, nun sistema, nun planeta literario, en que o útero foi, é e será alma de nós.
Reflexo das sombras de muller que nunha voz e conciencia literaria, a de Pardo de Neyra, fixo a fortuna de explicar como a palabra e a lingua, a boca e a súa aperta, levan sempre nomes de mulleres, levan sempre batido de corazón de femia.
Conta con ilustracións de Clara Martín, escritora e artista plástica ourensá, que tan ben comprende os ingredientes que deron en constituír este texto.
O abrazo das bocas, magnificamente decorado, musicado, cohesionado e honrado cun prólogo e un epílogo de senllos piares da nosa literatura, Marica Campo e Helena Villar Janeiro.