Sen produtos
Prezos con impostos incluídos
Autores
Autor: Xosé Lois García
Ilustrador: Xosé Randolfe
Dimensións: 17 x 24 cm.
ISBN: 978-84-19840-06-6
Nº de páxinas: 102
Libro de poemas dividido en dous apartados diferenciados, por unha banda, un inicial “cancioneiro profano” marcado por versos de temática social, mentres que a segunda parte do poemario se centra na temática amatoria nun “Cancioneiro de amor anticipado”.
Libro de poemas dividido en dous apartados diferenciados, por unha banda, un inicial “cancioneiro profano” marcado por versos de temática social, comunal coa súa xente e a súa paisaxe. Marcado este primeiro tramo de lectura por unha aceda crítica na que se mostra a nudez de cóengos, banqueiros, políticos... cunha sinxeleza formal para transparentar a ansia comunicativa da mensaxe. Son cantigas de desespero, de esmoleiros, de desposuídos e comestos por réditos, de paisaxes destruídas polo afán especulativo, cal pedras que nos atacan coa negrura humana e que nunca pasa de moda. Mentres, a segunda parte do poemario céntrase na temática amatoria nun “Cancioneiro de amor anticipado” con versos de amor lento e sedoso, que navegan polos ríos da pel, cunha paixón nada incómoda na que o pracer e o éxtase nace da mesma raíz dos cabelos.
Do combate ao amor, como unha mensaxe á humanidade, esa que ansían os poetas novos e que Xosé Lois García viste nesta obra, como quen se ergue ilusionado para gozar dun novo amencer. Aberto á vida e ao mundo. Negrura e paixón, nuns versos que adquiren maior forza coas ilustracións que acompañan a cada un dos poemas e da autoría de Xosé Randolfe.