Autores

Información

Ond'o sol facheaba ô amañecer View larger

Ond'o sol facheaba ô amañecer

Autor: Xosé Luna Sanmartín
Dimensións: 16.5 x 23.5 cm.
ISBN: 978-84-18136-70-2
Nº de páxinas: 288

Ond’o sol facheaba ô amañecer permitirá ao lector mergullarse na vida e obra da Cantora da Ulla, Avelina Valladares Núñez.

More details

20,00 € impostos incl.

    Estudo sobre a figura da coñecida como Cantora da Ulla, Avelina Valladares Núñez, que se presenta nun libro en tapa dura no que se recollen aspectos da vida e obra da poeta. Unha literata digna de toda clase de eloxios e, por suposto, merecente de ser coñecida e recoñecida como unha das mulleres que participou no rexurdir das nosas letras.

    A primeira parte do libro deriva da investigación directa sobre documentación de arquivos e da análise de varios artigos que sobre a vida da poeta foron publicados en distinto xornais. En canto á segunda parte, corresponde á edición da obra da escritora, con tres cadernos que levan por título "Avelina Valladares y sus poesías. Vilancosta 1902", e que inclúen poemas en galego, poemas en castelán e textos en castelán. Os tres conteñen a obra da escritora e diversos artigos sobre a vida e morte da poeta.

    Así mesmo, inclúense artigos sobre a figura de Avelina Valladares e documentación persoal, mesmo unha pequena galería fotográfica do fogar dos Valladares, o Casal de Vilancosta.

30 produtos máis na mesma categoría