Autores

Información

Os rostros do frío View larger

Os rostros do frío

Autor: Xulio Pardo de Neyra
ISBN: 978-84-18136-14-6
Dimensións: 17 x 24 cm. 
Nº de páxinas: 342

Viaxe pola retratística e a fotografía galegas dos séculos XIX-XX.
Cara a unha Didáctica do Feito Cultural Galego.

More details

25,00 € impostos incl.

    Nunha época como a actual, caracterizada polo despedazamento da identidade, a penuria da memoria, a fragmentación da subxectividade e a debilidade ontolóxica, onde case non importa a substancia e na que polo xeral todo se basea na rapidez e na flexibilidade da persecución da comodidade; as historias e as súas imaxes hai tempo que deixaron de habitar nunha arquitectura cuxa máxima expresión era a morte. Tal cal explicaba Loos. A daquel vello reino onde os alicerces non desatendían a súa débeda coas raíces en que se substentaba, acreditando na presencialidade das persoas malia á súa desaparición física e querendo ser, como xa Nietzsche dixera, esa derradeira bocanada de fume dunha realidade que se evapora. Con prólogo de Emma Pedreira, Os rostros do frío naceu no período en que, neste 2020, os e as galegas sufrimos arresto domiciliario debido á pandemia vírica que asolou o planeta. A catalogación dun arquivo gráfico familiar, onde se achan algunhas das primeiras mostras fotográficas que coñecemos, deu pé á elaboración dun discurso de historia social e didáctica dimensionado sob o feito retratístico, algo inédito na nosa cultura.

    Xa que logo, este traballo posúe unha cuádrupla dimensión: a de recompilación de imaxes antigas (en moitos casos das ou as primeiras da nosa historia), a do trazado dun devalar histórico-social imaxinístico (co que de xenético implica isto), a de análise e proposta do tratamento do que se chama o feito cultural galego e, por suposto incardinada con esta, a do uso da expresividade da arte fotográfica en chave analítica e didáctica, condicionante este—o da didáctica—que incide na importancia que o case sempre esquecido feito do ensino desenvolve cara ao estudo de calquera aspecto cultural que non estea mencionado nos tristentos programas académicos, neste caso para abordarse a cultura galega dun punto de vista integral, desde logo o máis beneficioso.

30 produtos máis na mesma categoría