Autores

Información

Mamasunción View larger

Mamasunción

Autor: Pedro Sancho
ISBN: 978-84-18136-39-9
Dimensións: 16.5 x 23.5 cm. 
Nº de páxinas: 128

Esta obra, elaborada polo cineasta Pedro Sancho, érguese como un libro para soñadores, para esa xente posuída pola marabillosa tolemia de querer facer un filme. Non se trata dun libro máis sobre Chano Piñeiro, nin tampouco unha biografía. É un libro sobre a persecución dun soño.

More details

20,00 € impostos incl.

    Esta obra, elaborada polo cineasta Pedro Sancho, érguese como un libro para soñadores, para esa xente posuída pola marabillosa tolemia de querer facer un filme. Non se trata dun libro máis sobre Chano Piñeiro, nin tampouco unha biografía. É un libro sobre a persecución dun soño. É por iso que unha frase planea todo o tempo ao longo da lectura destas páxinas, “facer cine é voar”.

    Nel, o lector/a, ben sexa amateur da sétima arte ou profesional, atopará unha guía sinxela pero moi útil para entender todo o proceso que comprende a elaboración dunha película, dende o nacemento da idea ata a súa distribución, tomando como exemplo a un dos nosos grandes cineastas, Chano Piñeiro, e a curta máis representativa da Galiza rural, “Mamasunción”, que acabaría converténdose nunha obra case fundacional no cinema galego contemporáneo.

30 produtos máis na mesma categoría