Sen produtos
Prezos con impostos incluídos
Autores
Autor: Paco López Barxas
ISBN: 978-84-18136-05-4
Dimensións: 17 x 24 cm.
Nº de páxinas: 64
Conversas mantidas con Isaac Díaz Pardo e Xosé Neira Vilas.
Cando se cumpre o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo, lembralo xunto ao que foi durante cincuenta e seis anos un dos seus grandes amigos, Xosé Neira Vilas —oito anos máis novo—.
Conversas mantidas con Isaac Díaz Pardo e Xosé Neira Vilas.
Cando se cumpre o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo, lembralo xunto ao que foi durante cincuenta e seis anos un dos seus grandes amigos, Xosé Neira Vilas —oito anos máis novo—, supón sen dúbida un xesto de recoñecemento e gratitude con dúas figuras de referencia nacional na Galicia do século XX.
Con ambos os dous, sabemos que a creación tamén se corresponde con persoas de grande intelixencia e xenerosidade á hora de materializar proxectos, concibidos a prol dunha Galicia moderna, nos eidos da cultura e da industria máis innovadoras.
O feito de dar a coñecer nestas páxinas as conversas mantidas por Paco López-Barxas con estes dous mestres e amigos, e hoxe recollidas neste libro, non deixa de ser un intento por salvagardar unha parte non pequena da nosa memoria colectiva. Cos seus ollos ben abertos, velaquí dous homes de palabra...!