Autores

Información

Unha ponte para Najla View larger

Unha ponte para Najla

Autora: Maite Herrero Ameixeiras
Ilustrador: Joseba G. Plazuelo
Dimensións: 22 x 24 cm. 
ISBN: 978-84-18136-42-9
Nº de páxinas: 40

Conto ilustrado, en tapa dura, que aborda unha temática tan de actualidade como é a situación dos refuxiados sirios dende un prisma diferente, dende a inocencia duns cativos que non entenden de política, senón de amizade.

More details

15,00 € impostos incl.

    Conto infantil que aborda unha temática tan de actualidade como é a situación dos refuxiados sirios dende un prisma diferente, dende a inocencia duns cativos que non entenden de política, senón de amizade.

    A obra pretende achegar a grandes e pequenos a través dunha ponte imaxinaria na que todos, antes ou despois nos podemos ver no mesmo lugar, a emigración. Un conto con mensaxe no que dous cativos, a través do “libro da vida” que lle narra a súa avoa cada día, son capaces de comprender con sinxeleza que é preciso tender a man, pois todos os pobos, antes ou despois, sofren a emigración. Así será como os dous intrépidos protagonistas, Lois e Inés, ofrecerán a súa amizade a Najla, unha nena refuxiada siria que se atopa nun lugar alleo e nunha sociedade diferente.

30 produtos máis na mesma categoría