Sen produtos
Prezos con impostos incluídos
Autores
Autora: María Fanjul González
Ilustradora: Sehila Rodríguez Mosquera
ISBN: 978-84-17094-23-2
Dimensións: 22 x 22 cm.
Nº de páxinas: 36
Conto infantil ilustrado que reproduce a historia dunha mítica personaxe pontevedresa, o loro Ravachol a través da mirada da pequena Marisé.
Esta historia, a modo de conto, pretende que os pequenos lectores viaxen no tempo coa protagonista, Marisé, e coñezan a figura do Loro Ravachol e o seu dono, Perfecto Feijoo. Descubrirán a un loro que vivía nunha botica e que chegou a converterse no centro da vida social da cidade de Pontevedra.