Autores

Información

Os Balbinos. Camiño Inglés View larger

Os Balbinos. Camiño Inglés

Autores: Toño Núñez / Xoán Carlos García Porral
Ilustrador: Gabriel Iglesias Sanmartín
ISBN: 978-84-18136-51-1
Dimensións: 22 x 24 cm. 
Nº de páxinas: 100

Terceiro libro da colección Os Balbinos, con ilustración a toda cor e encadernado en tapa dura. En tres idiomas: Galego, castelán e inglés.

More details

20,00 € impostos incl.

    Terceiro libro da colección Os Balbinos, con ilustración a toda cor e encadernado en tapa dura. En tres idiomas: Galego, castelán e inglés.

    Somos a familia dos Balbinos, Lúa e Bal e os nosos pais Lena e Lino, e estamos percorrendo as distintas Rutas do Camiño ata Santiago de Compostela nos tramos que corresponden a Galicia, e todas as nosas aventuras contámolas nos nosos libros. 

    Os papás non daban decidido cal dos camiños facer primeiro e pedíronnos a nós que escollésemos un... Boa a fixeron!

    Lúa namorouse do Camiño Portugués e eu, do Inglés, porque sempre me gustaron os barcos e os piratas! Pero Lúa, por levarme a contraria...

    Así que xogando a quen tiraba da palla máis longa gañou o Camiño Inglés e alá que nos fomos a Ferrol (aínda que tamén se pode iniciar na Coruña).

    Cando rematamos, deixamos tripados arredor de 120 quilómetros e percorridos 14 concellos: Ferrol, Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, Abegondo, Mesía, Ordes, Oroso ata rematar en Santiago.

    Gozamos de historias incribles, lugares fermosos e unha chea de aventuras...

Os clientes que mercaron este produto tamén mercaron:

30 produtos máis na mesma categoría