Sen produtos
Prezos con impostos incluídos
Autores
Autor: Fernando Epelde
Ilustrador: Manuel Fragoso
ISBN: 978-84-18136-60-3
Dimensións: 16.5 x 23.5 cm.
Nº de páxinas: 108
VII Premio de Teatro "Varela Buxán".
Gloria navega no tempo nunha espiral concéntrica. O seu presente, o seu pasado e o seu futuro líganse e deslíganse coma se o suco do destino tentase dicirlle algo.
Gloria navega no tempo nunha espiral concéntrica. O seu presente, o seu pasado e o seu futuro líganse e deslíganse coma se o suco do destino tentase dicirlle algo.
Mentres se move, Gloria pode verse a si mesma noutros puntos da espiral, vivindo a súa vida en diferentes estados temporais.
Desde a distancia do tempo ela pode ver o día no que lle chegou o primeiro período ou, moito despois, recibindo a noticia do seu embarazo. Esta nova perspectiva do tempo tamén lle ofrecerá a posibilidade de contemplarse noutros intres máis avanzados da súa propia historia. Por exemplo, cando o médico lle comunicou que padecía un grave cancro.
Imaxes que van chegando —como fotogramas illados— nos que semella que, se cadra, alguén puido abusar dela cando aínda era moi nova.
A misión de comprender e procesar ese feito acabará por dar sentido non só á súa propia existencia, senón tamén á de todas as Glorias que habitan dentro de Gloria