Autores

Información

Pallaso View larger

Pallaso

Autor: Fernando Castro Paredes
ISBN: 978-84-18136-06-1
Dimensións: 16.5 x 23.5 cm. 
Nº de páxinas: 64

Damas e cabaleiros, ladies and gentlemen, mesdames et messieurs, con todos vostedes a verdadeira e singular historia do gran Bobi.

More details

13,00 € impostos incl.

    Damas e cabaleiros, ladies and gentlemen, mesdames et messieurs, con todos vostedes a verdadeira e singular historia do gran Bobi, un xenio cómico dos nosos días que se viu forzado a abandonar a calor das multitudes baixo a carpa do circo para seguir facendo rir á xente nas rúas húmidas e frías de calquera cidade, por un puñado de moedas!

    Unha historia exemplar sobre o fracaso que fará as delicias de nenos e nenas!

    Comedia! Melodrama! Pallasos! Ananos acróbatas!

    As miserias da vida ante os seus ollos polo módico prezo dunha entrada!

    Quen podería resistirse?

    Non se perdan o maior espectáculo do mundo!

    (Nota de descargo: neste circo non se maltratan animais; só bípedes máis ou menos racionais.)

30 produtos máis na mesma categoría